Instalación e reparación de cubertas en Vilagarcía de Arousa

Instalación e reparación de cubertas en Vilagarcía de Arousa

Adeus aos problemas de filtracións con M. Durán Construccións

A cuberta é un elemento fundamental na construción ou reforma dun inmoble, xa que protexe o interior das inclemencias do tempo e contribúe á eficiencia enerxética e á estética do conxunto. Por iso, é importante contar cunha empresa especializada na instalación e reparación de cubertas en Vilagarcía ou no resto de Pontevedra.

En M. Durán Construccións ofrecémoslle un servizo de calidade e garantía na reparación e instalación de cubertas, tanto para estruturas novas como para outras que xa existen e que necesitan unha revisión ou cambio. Dispoñemos dun amplo abano de posibilidades en canto a materiais, formas e cores, para adaptarnos ao seu gusto e ás súas necesidades. Traballamos con cubertas de tella, chapa, pizarra, panel sándwich, policarbonato... Tamén reparamos as túas cubertas danadas por filtracións, humidades ou roturas, empregando os mellores materiais e as mellores técnicas.

Non deixes que a túa cuberta se deteriore ou perda funcionalidade: contacta con nós e solicita o teu presuposto, sen compromiso e totalmente a medida.

Instalacion de cubertas en Vilagarcía

Por que o panel sándwich é a mellor opción para a túa cuberta?

As cubertas con panel sándwich que instalamos en Vilagarcía elabóranse con dúas láminas metálicas, que envolven un núcleo illante de espuma ríxida. Este sistema ofrece unha serie de vantaxes que o fan unha boa opción para a túa vivenda ou local comercial. Axudan a reducir as humidades e filtracións, grazas á súa composición cunha capa de material illante, ademáis de ofrecer unha maior resistencia e longa vida útil.

Na nosa empresa especializada en instalación de cubertas podemos colocar panel sándwich en Vilagarcía coa mellor relación calidade-prezo, e poñendo á túa disposición unha gran variedade de acabados, cores, texturas e formas. Se queres renovar a túa fachada cun sistema moderno, eficiente e económico, non dubides en solicitarnos a instalación de panel sándwich para a túa cuberta en Vilagarcía de Arousa.

fachada SATE en Vilagarcía

Instaladores de fachadas SATE en Vilagarcía de Arousa

As fachadas SATE inclúen un sistema de illamento térmico polo exterior, o cal proporciona unha serie de vantaxes que o fan unha gran opción para a súa vivenda ou negocio. Conseguen mellorar o illamento térmico e acústico do edificio, reducindo as perdas de calor e mellorando o confort no interior. Esto permite aforrar ata un 40% no consumo de enerxía, reducindo as emisións de CO2 e o custo da túa factura. Tamén contan cunha gran vida útil, xa que son moi resistentes ás inclemencias do tempo, e non requiren pintura nin mantemento periódico, polo que conservan o seu aspecto e as súas prestacións durante moito tempo.

As fachadas SATE requiren dunha correcta instalación para garantir a súa eficacia e seguridade. Por iso, só poden ser aplicados por empresas homologadas que cumpran coas normas técnicas e de calidade establecidas, como M. Durán Construccións. Os nosos albaneis están cualificados e formados para traballar con fachadas SATE en Vilagarcía, garantindo un traballo eficiente e duradeiro.

Poñemos á túa disposición unha ampla variedade de fachadas e cubertas

Ademais das cubertas con panel sándwich e as fachadas SATE que instalamos en Vilagarcía, en M. Durán Construccións tamén podemos ofrecer outro tipo de solucións para a reparación de cubertas. Contamos, por exemplo, con chapas de fibrocemento, un material composto por cemento reforzado con fibras de celulosa, que ofrece unha boa resistencia ao lume, á humidade e á corrosión e unha instalación sinxela ao mellor prezo.

Como expertos na instalación de cubertas en Vilagarcía, tamén podemos ofrecer aos nosos clientes unha solución formada por unha capa de espuma de poliuretano, que se aplica sobre a cuberta existente. As cubertas non transitables de poliuretano conseguen un alto poder illante térmico e acústico, así como unha gran impermeabilización. Tamén ten unha longa vida útil e un baixo mantemento.

Se queres coñecer máis sobre estes ou outros tipos de fachadas e cubertas que traballamos, non dubide en consultar cos nosos expertos en instalación e reparación de cubertas en Vilagarcía de Arousa e toda a provincia de Pontevedra: ofrecémosche a solución que mellor se adapta ao que necesites.

Reparación de cubertas en Vilagarcía
retirada de amianto en Vilagarcía

Empresa autorizada para a retirada de amianto en Vilagarcía de Arousa

O amianto é un material que se empregou moito na construción ata o ano 2002, cando se prohibiu o seu uso por motivos de saúde, xa que pode causar graves enfermidades respiratorias ao inhalar as súas fibras. Por iso, é obrigatorio retirar o amianto cando este chega ao final da súa vida útil, que se estima en torno aos 20 anos desde a súa instalación.

O amianto soe atoparse normalmente nas uralitas, que son chapas de fibrocemento que se empregaron moito para a instalación de cubertas e fachadas: estas conteñen entre un 10% e un 15% de amianto, polo que hai que manipulalas con moito coidado e seguir unhas medidas de seguridade estritas.

En M. Durán Construccións somos unha empresa autorizada para a retirada de amianto en Vilagarcía de Arousa: contamos cun equipo de profesionais cualificados, e con toda a maquinaria e os equipos de protección individual necesarios para realizar o traballo con seguridade e eficacia. Se tes cubertas de uralita, non esperes máis para solicitar o noso servizo de retirada de amianto profesional e con garantías.

Necesitas reparar ou instalar unha nova cuberta en Vilagarcía? Chámanos!

A cuberta é un dos elementos máis importantes dun inmoble, xa que é a parte de calquera edificio que está en contacto directo co exterior. Por iso, é fundamental contar cunha empresa especializada na instalación e reparación de cubertas en Vilagarcía, como M. Durán Construccións. Non deixes que a túa cuberta se deteriore ou perda funcionalidade: contacta con nós e solicita o teu presuposto sen compromiso.

Contactar

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.